Anuncios
Ticker de novas

Un condutor resultou ileso tras bater contra o muro dunha casa en Nigrán

Un vehículo saíuse da vía esta tarde en Nigrán. O seu condutor resultou ileso, a pesar de que o coche bateu contra o muro dunha casa e acabou enriba dun contador e dunha tubaxe de gas.

O sinistro tivo lugar na Avenida de Portugal, na Ramallosa. Ás 15:10 horas desta tarde, unha persoa particular alertada dos feitos ao 112 Galicia.

O persoal do Centro de Atención ás Emerxencias do 112 Galicia puxo a situación en coñecemento de Urxencias Médicas, dos Bombeiros do Baixo Miño, do GES do Val Miñor, de Protección Civil e da Garda Civil de Tráfico.

Segundo se lle indicou ao 112, a tubaxe de gas sobre a que quedou o coche non se viu afectada. Con todo, o persoal da central de emerxencias alertou á empresa responsable da subministración, para garantir a seguridade dos efectivos de emerxencia no momento no que se retirou o vehículo do lugar.

Anuncios