A Policía Local de Gondomar organiza o II Memorial Ángel Fernández

FOTO: ALBERTO RODRÍGUEZ // I Memorial Ángel Fernández.

A Policía Local de Gondomar organiza este sábado 10 de xuño o II Memorial Ángel Fernández, en recordo de Ángel Fernández Fernández, axente falecido hai 5 anos, o 6 de marzo de 2012, tras unha enfermidade.

A iniciativa partiu o ano pasado dos seus compañeiros da Policía Local de Gondomar, co obxectivo de lembrar a Ángel cun evento deportivo, coa intención de convertelo nunha cita anual.

No partido de fútbol homenaxe, que comezará ás 17:30 horas no campo municipal das Cercas con entrada gratuíta, participarán axentes da Policía Local de Gondomar e da Policía Municipal de Gondomar (Portugal), ademais de xogadores veteranos de 1ª División do Celta, Deportivo, Real Madrid…