Anuncios
Ticker de novas

Últimos días para inscribirse na xincana familiar “Tralas pegadas do Conde de Gondomar”

FOTO: CONCELLO DE GONDOMAR

A Concellería de Xuventude do Concello de Gondomar comeza a súa programación de verán coa xincana familiar “Tralas pegadas do Conde de Gondomar”.

O Departamento dirixido por Nuria Lameiro propón para o sábado 10 xuño ás 10:00 da mañá na Casa do Concello unha actividade de ocio en familia co fío condutor do 400 centenario do Conde de Gondomar D. Diego Sarmiento de Acuña.

Esta xincana pretende crear momentos de ocio en familia. Dunha maneira lúdica, os participantes, que irán por parellas, deben ir superando probas en torno á historia e repercusión desta personalidade no Concello de Gondomar.

Se tes de cinco anos en diante e queres participar dunha actividade distinta, coñecer a historia da nosa contorna e pasar un rato de ocio en familia chama ao 986.369.746 e inscríbete na actividade.

Anuncios