O alcalde de Baiona inicia unha rolda de visitas ás parroquias

FOTO: ALBERTO RODRÍGUEZ

O alcalde de Baiona, Ángel Rodal, e o seu equipo de goberno, inician este luns unha serie de visitas a todas as parroquias do municipio para coñecer de primeira man as peticións e opinións dos veciños. Durante estas visitas escoitará e unificará criterios cos baioneses de cara a desenvolver as actuacións que sexan precisas nos distintos núcleos rurais.

A primeira cita será este luns, día 5 de xuño, ás 20:00 horas na parroquia de Belesar, reunión que terá lugar no CEIP Belesar; o martes, 6 de maio, a cita será no Centro Cultural de Baredo (20:00 horas) e o mércores, día 7, a reunión terá lugar no CEP Sabarís (20:00 horas). Esta rolda de contactos cos veciños das diferentes parroquias continuarán o xoves, día 8 de xuño, no Centro Cultural Baíña (20:30 horas), e rematará o venres, día 9, no CPI Covaterreña (20:00 horas).