A peña madridista «La Séptima» de Baiona celebra a súa tradicional cea de aniversario

FOTO: ALBERTO RODRÍGUEZ

A peña madridista «La Séptima» de Baiona celebra este venres 9 de xuño o seu décimo noveno aniversario cunha cea baile no Restaurante Rocamar, en Baredo, á que poden asistir socios, afeccionados e amigos do colectivo. Durante a reunión brindarán polos campionatos de liga e Champions logrados polo Real Madrid esta tempada. As invitacións poden recollerse no Hotel Anunciada, gratis para os socios e cun prezo de 60 euros por persoa para os non socios.

Anuncios