Anuncios
Ticker de novas

O Cereixa, subcampión da Copa Galega

FOTO: CONCELLO DE GONDOMAR

Non alcanzou todo o esforzo e o empeño que puxo o Cereixa Gondomar FS para tentar quedar coa Copa Autonómica de Galicia e nos minutos finais escapouse o soño da remontada.

E é que a falta de 02:30 para o final, o local era campión despois de consumar unha remontada moi complicada cun parcial de 6-1 e multitude de ocasións que entre o porteiro e os paus mantiveron ao visitante con vida. Un erro en defensa cando o FSF Vila de Cee atacaba con porteiro xogador, deixaba aos locais KO xa que o 6-2 daba o título ao visitante.

A todo ou nada o Cereixa FS xogoulla con ataque de 5 e puido conseguir o gol do triunfo pero na última xogada do partido o visitante atopou a tranquilidade co 6-3.

“Outro ano agridoce que termina co subcampionato de liga e copa pero o fútbol sala débelle unha alegría a este equipo e seguiremos pelexando para conseguilo. Grazas afección por permitirnos seguir soñando xuntos”, sinalan desde o Cereixa Gondomar FS.

O CEREIXA, SUBCAMPIÓN DA COPA GALEGA

FOTO: CONCELLO DE GONDOMAR

Anuncios