A caída de varias árbores causa danos nas bancadas do campo das Gaiandas

A caída de varias árbores da contorna do campo municipal das Gaiandas, en Gondomar, causou danos na cuberta que protexe as bancadas. O suceso produciuse na tarde deste domingo, xusto unha semana despois de que finalizase o campionato de liga. Non houbo que lamentar danos persoais, xa que no momento da caída das dúas árbores non se atopaba ninguén no estadio.

Segundo informou o presidente do Gondomar CF, Alfonso Mandado, nunha reunión celebrada coa concelleira de Deportes, Nuria Lameiro, xa advertiran de que algunhas ramas das árbores próximas estaban a invadir as instalacións, xerando un risco para a seguridade das persoas. “Aquí só vanse a tomar medidas cando non hai máis remedio”, comentou a ValmiñorTV.