Anuncios
Ticker de novas

Ferreira convocará aos portavoces para tratar a delimitación de núcleos rexeitada no pleno

FOTO: ALBERTO RODRÍGUEZ

O alcalde de Gondomar, Paco Ferreira, informou que convocará aos portavoces dos grupos políticos e ao presidente da Entidade Local de Morgadáns a unha reunión urxente para tratar a delimitación dos núcleos de Penalba, San Roque e Prado. Unha vez resoltas todas as dúbidas, o rexedor convocará un Pleno extraordinario para a súa aprobación.

Na sesión ordinaria celebrada o pasado xoves, a proposta non saíu adiante ao non contar cos nove votos a favor necesarios. A oposición -PP, IxG e CABE- abstívose.

Así mesmo, anuncia que convocará a Comisión de Urbanismo, asesoramento e seguimento da redacción da novo PXOM o último mércores de cada mes.

“Todos debemos ser un, cando de urbanismo e PXOM refírese, deixando a política ao carón. Para iso, o diálogo e o consenso debe ser unha máxima irrenunciable deste goberno”, afirma Ferreira.

Anuncios