Sin categoría

Os usuarios do Juan María reciben os diplomas do seminario de educación viaria

Usuarios do Centro de Educación Especial Juan María recibiron hoxe os diplomas acreditativos de asistencia aos seminarios de Educación Vial 2016/2017 impartidos pola Policía Local de Nigrán coa colaboración da Dirección Xeral de Tráfico.

En total, cen usuarios deste centro acudiron ás clases teóricas e prácticas levadas a cabo no mes de maio empregando karts eléctricos da Dirección Xeral de Tráfico (DXT), co apoio tamén da Asociación DisCamino, que prestou os seus triciclos e bicicletas adaptadas, e o GES, que amosou os diferentes vehículos de emerxencia (como o camión de bombeiros).

Os centros educativos de Nigrán beneficiáronse ao longo do mes de maio de clases teóricas e prácticas completamente coordinadas, deseñadas e impartidas desde a Policía Local coa colaboración de DXT, que cede os recursos para un circuíto. Mantense así un traballo que este corpo iniciou no curso 2013/2014 impulsado polo propio inspector xefe José Manuel Vázquez.