Anuncios
Ticker de novas

Viaxe ás Illas Cíes das Escolas Deportivas Municipais de Baiona

FOTO: TURISMO.GAL

O vindeiro sábado día 24 de xuño, para complementar o peche do curso escolar deportivo 2016-2017 das Escolas Deportivas Municipais, a Concellería de Deportes de Baiona programa unha viaxe ás Cíes. A inscrición abrirase a partir do día 1 de xuño para todos os socios das Escolas Deportivas Municipais, mentres que os non socios que queiran participar deberán esperar ao día 11 de xuño para a súa compra.

O número de prazas é limitado e as inscricións deben de tramitarse nas Oficinas do Pavillón Municipal de Baiona. O horario de atención ao público será de 10.00 a 14.00 e de 18.00 a 20.00 horas.

As saídas desde o porto pesqueiro de Baiona e regresos desde o peirao de Rodas nas Illas Cíes están previstos nos seguintes horarios:

• 9.45 h – 18.45 h (barco 1).
• 10.00 h – 19.00 h (barco 2).
• 11.00 h – 20.15 h (barco 3).
• 11.15 h – 20.30 h (barco 4).

O prezo está subvencionado pola Concellería de Deportes, sendo o mesmo fixado en 7 euros e establecendo a viaxe gratuíta para os menores de 3 anos (xustificante do mesmo).

Para maior información dirixirse ao Pavillón de Deportes de Baiona ou chamar á o teléfono 986 356 558, tamén se dispón do correo electrónico deportes@baiona.org.

Anuncios