Anuncios
Ticker de novas

Gondomar ofrece 14 campus deportivos para este verán

FOTO: CB NIGRÁN // Campus de baloncesto en Gondomar.

O Concello de Gondomar, a través da Concellería de Deportes, organiza xunto cos clubs e en colaboración coa Deputación de Pontevedra, un total de 14 campus deportivos para este verán.

A oferta inclúe Fútbol Sala (SD Abetos Gondomar FS), Halterofilia (Club Halterofilia Vigo), Patinaxe (CD Eixo Gondomar), Ximnasia Acrobática (Club Flic Flac Gondomar), Judo (Federación Galega de Judo), Tiro con Arco (Club Arco Serra de Gondomar), Tenis (Club de Tenis Gondomar), Fútbol Manolo Sanchís (Deportgadyd), Atletismo (Sociedad Atlética Val Miñor), Patinaxe (Club Patinaxe Artística Gondomar), Fútbol (Gondomar Fútbol Base), Baloncesto (Club Baloncesto Nigrán), Xadrez (Centro Internacional de Xadrez) e Tenis de Mesa (Agrupación Deportiva Vincios).

As inscricións pódense realizar nos clubs que imparten os campus ou no Pavillón de Deportes de Gondomar de 18:00 a 20:00 horas, nos teléfonos 986 36 03 05 ou 608 74 83 93 ou a través do correo electrónico deportes@concellodegondomar.com.

Zumba para todos

Ademais, como novidade, todos os xoves do mes de xullo ofreceranse sesións de zumba gratuítas no parque da Coelleira, de 20:30 a 21:30 horas.

CAMPUS DEPORTIVOS 2017 GONDOMAR

 

Anuncios