Anuncios
Ticker de novas

Baiona abre o prazo de inscrición para participar na XVI Semana Verde

FOTO: ALBERTO RODRÍGUEZ

Os próximos días 28, 29 e 30 de xuño, o Concello de Baiona, a través da Concellería de Deportes, en colaboración con AMPAS dos centros públicos escolares do municipio, Protección Civil Val Miñor e a Concellería de Medio Ambiente, organiza un novo programa da “Semana Verde”, acampada escolar que este ano 2017 establécese de novo nas instalacións do Cámping Bayona Playa.

A acampada nace coa intención de desenvolver e fomentar as actividades na natureza, tanto desde a práctica deportiva como desde a formación integral e educativa dos escolares.

A acampada consta de actividades de lecer, xogos e outras de índole formativo onde o coñecemento da fauna, flora e historia da contorna conforman o programa previsto. As actividades están dirixidas e organizadas polo persoal de Recreativa baixo as directrices e supervisión do persoal técnico da Concellería de Deportes.

Nesta nova edición do 2017 ofértanse un total de 50 prazas, abrindo o prazo de inscrición a partir do 1 de xuño para os escolares de Baiona e deixando a posibilidade de participar alumnado de concellos limítrofes se quedan prazas vacantes a partir do día 12 de xuño.

Con esta iniciativa a Concellería de Deportes de Baiona continúa coa súa programación prevista para as actividades de montaña.

Para maior información dirixirse ao Pavillón de Deportes Municipal ou chamar ao teléfono 986 356 558. Tamén está dispoñible o correo electrónico deportes@baiona.org.

Anuncios