
O Departamento de Benestar Social do Concello de Gondomar, unha vez máis, vén de rematar a viaxe á Costa Branca, que se celebrou dende o 22 ata o 28 de maio.
Nesta viaxe participaron un total de 96 persoas do Concello de Gondomar, acompañadas pola Concelleira do Departamento Rocío Cambra Castro, e dúas guías da Axencia Tideo Tours, que se encargou de programar o percorrido e a estancia nun hotel de catro estrelas en Gandía.
Os lugares visitados foron Valencia, Javea, Denia, Cullera, Elche, Benidorm e Torrejón de Ardoz.
O prezo por persoa ascendeu a 359€, incluíndo pensión completa en hotel, guías acompañantes, comidas en ruta o primeiro e último día, seguro da viaxe…