Anuncios
Ticker de novas

Roberto Paz e José Ramón Dios e Santiago Martínez, campións galegos de bolos celta

FOTO: FEDERACIÓN GALEGA DE BOLOS // Roberto Paz, campión galego individual, e Santiago Martínez e José R. Dios, campións galegos por parellas.

Este pasado fin de semana celebráronse nos campos da Casa de Cultura e de San Roque de Camos (Nigrán), os campionatos galegos de bolos celta, modalidades individual e de parellas de 1ª e 2ª categoría. Participaron un total de 161 xogadores de equipos das catro provincias galegas.

Os campións de cada unha das categorías e modalidades foron os seguintes:

EN PRIMEIRA CATEGORÍA:

Campionato individual: ROBERTO PAZ MISA, do club de bolos San Cibrán de Gondomar.

Campionato de parellas: JOSE RAMÓN DIOS e SANTIAGO MARTÍNEZ do club de bolos Medialdea de Belesar-Baiona.

EN SEGUNDA CATEGORÍA:

Campionato individual: MOISÉS RODRIGUEZ do club de bolos Xove-Lugo.

Campionato de parellas: GABRIEL VALVERDE e SAMUEL FERREIRA do club de bolos Rega-Sabarís-Baiona.

As distintas clasificacións finais foron:

INDIVIDUAL DE PRIMEIRA CATEGORÍA

01

DE PARELLAS DE PRIMEIRA CATEGORÍA

02

INDIVIDUAL DE SEGUNDA CATEGORÍA

03

DE PARELLAS DE SEGUNDA CATEGORÍA

04

Anuncios