Anuncios
Ticker de novas

O goberno municipal de Gondomar entrega á Entidade Local de Morgadáns 40.172,43€

FOTO: ENTIDADE LOCAL MENOR DE MORGADÁNS

O alcalde de Gondomar, Paco Ferreira, asinou hoxe unha resolución outorgando a cantidade de 40.172,43€ a favor da Entidade Local Menor de Morgadáns, correspondente ao exercicio do ano 2016, polos impostos devengados e recadados nese mesmo ano polo Concello na devandita parroquia.

O alcalde aseverou que o seu goberno está a cumprir escrupulosamente coa Lei, facendo entrega á Entidade de Morgadáns da cantidade dineraria correspondente, esperando que con iso fáganse ver novos investimentos na parroquia, tales como asfaltado, rozas, etc.

Anuncios