Os “Sorrisos Solidarios” recadan 1.300 € en Gondomar para a Asociación Berce

FOTO: CONCELLO DE GONDOMAR

A Asociación Berce logrou recadar 1.300 € no festival “Sorrisos Solidarios” celebrado este sábado en Gondomar para o desenvolvemento de proxectos e iniciativas a favor da infancia.

O evento, que tivo lugar no Auditorio Municipal Lois Tobío, contou con obradoiros para os máis pequenos, un concerto de Magín Branco, Rui e Amigos (de María Fumaça), os contos e a fantasía de Voltereta e Volvoreta (tamén coñecidas como a Doutora Tirititeira e a Doutora Lectora no proxecto “Sorrisos por Tiritas”), e unha dose extra de humor para público adulto da man de Gossip Bufón (tamén coñecido como Doutor Tor Pin en “Sorrisos por Tiritas”).