Anuncios
Ticker de novas

A XI Concentración de Clásicos do Val Miñor reúne un centenar de coches

FOTO: ALBERTO RODRÍGUEZ

O Club de Clásicos e Populares do Val Miñor celebrou este domingo a súa XI Concentración de Vehículos Clásicos. Os preto de 100 coches participantes fóronse concentrando desde as 9:30 horas na Praza de San Benito, onde os curiosos que se achegaron puideron contemplar estas “xoias”.

Alí permaneceron ata as 11:30 da mañá, momento no que comezou unha ruta polos tres concellos do Val Miñor, pasando por Vincios, Camos, Panxón, Praia América, A Ramallosa, Sabarís, Baiona e Baredo, para finalizar a xornada no Restaurante Lugar, de Viladesuso (Oia), coa habitual comida de confraternización.

Ademais de socios do Club de Clásicos e Populares do Val Miñor, á concentración asistiron socios de diversos clubs de Galicia, así como unha representación do Clube Gondoclássicos, de Gondomar (Portugal), co que a Vila Condal está irmandada.

El pase de diapositivas requiere JavaScript.

Anuncios