Anuncios
Ticker de novas

Clausura das Escolas Deportivas en Gondomar

FOTO: ALBERTO RODRÍGUEZ

O Pavillón de Deportes de Gondomar acolle o sábado 27 de maio ás 17:30 horas a festa de clausura das escolas deportivas do Concello, organizada dende a Concellería de Deportes, dirixida por Nuria Lameiro, e a Deputación de Pontevedra.

Contarase con diferentes exhibicións deportivas dunha duración de 20 minutos cada unha. A primeira exhibición é a da escola acrobática, seguida das de judo, tenis de mesa, balonmán, tenis, baloncesto, patinaxe, taekwondo e fútbol, esta última ás 20:10 horas.

O broche final da clausura vén da man dos clubs invitados: Club Patinaxe Artística Gondomar, Club Eixo Gondomar e Escola de Zumba.

Anuncios