Anuncios
Ticker de novas

Xornadas de portas abertas no Baíña FS

FOTO: BAÍÑA FS

O Baíña FS inicia as súas sesións de portas abertas para todos os nenos e nenas de entre 4 e 18 anos que queiran probar ao futsal. Durante o mes de xuño no Pavillón Municipal de Baiona e no do CPI Covaterreña celebraranse diversos adestramentos co obxectivo de que todos os que o desexen achéguense a descubrir este apaixonante deporte que cada vez está máis de moda.

O futsal é unha modalidade de gran éxito e moi cómoda para os nenos xa que sempre se adestra en pavillóns cubertos, ademais contan con adestradores licenciados en INEF e con título Nacional.

Non se pretende ensinar unicamente fútbol sala. Preténdese ensinar valores. Por iso vaise a importar o slogan “Formamos xogadores, formamos persoas”, co que se pretende ensinar valores de compañeirismo, deportividade e respecto ao rival aos nenos e nenas.

Máis información nos teléfonos 617 902 730 ou 722 393 182 ou no correo electrónico baifutsal@gmail.com.

Anuncios