Máis de 250 inscritos na VII Volta ao Val Miñor en Vespa e Lambretta

FOTO: MIRIAM RODRÍGUEZ

Vespamiñor Scooter Club organiza este domingo, 28 de maio, a VII Volta en Vespa e Lambretta ao Val Miñor. Os máis de 250 inscritos sairán ás 11:00 horas desde a Praza de San Campio na Ramallosa, en Nigrán, despois da recepción dos participantes e un almorzo cortesía de Rosquillas Cristaleiro.

A ruta percorrerá o Val Miñor e o Baixo Miño, con visita guiada á Zona Monumental de Tui ás 13:00 horas. As vespas e lambrettas concentraranse no Paseo da Corredoira, para unha vez finalizada a visita continuar ata o Parador de Baiona, onde a partir das 15:00 terá lugar a comida, que se prolongará ata as 18:30 horas, cando rematará o evento.

A organización, entre os inscritos, xa ten confirmados a máis de 70 vespistas do norte de Portugal, dos clubes de Braga, Barcelos, Guimaraes, Povoa de Varzim, Maia, Felgueiras, Vila do Conde e Gaia. Así mesmo, acudirán motoristas de toda Galicia, así como catro participantes de Almería e dous de Asturias.

Ata hoxe xoves, 25 de maio, pode realizarse a inscrición nos teléfonos 686 955 539 (Laure) ou 627 954 960 (Inés), ou a través do correo electrónico vmscooterclub@gmail.com. O prezo é de 25 euros e inclúe camiseta de agasallo. Debe abonarse na conta BBVA IBAN ES88 0182 1148 1002 0158 7704.