Anuncios
Ticker de novas

Baiona celebra este xoves a Festa dos Maiores

FOTO: ALBERTO RODRÍGUEZ

O Concello de Baiona, a través da Concellería de Benestar, organiza este xoves 25 de maio a Festa dos Maiores, na que se prevé participen ao redor de 700 veciños e veciñas do municipio.

O programa iniciarase ás 12:30 horas coa celebración dunha eucaristía na Ex -Colexiata de Baiona. Ao finalizar o acto relixioso, os participantes participarán nunha comida de irmandade. A continuación, como en edicións anteriores terá lugar un animado baile que se prolongará ata as 18:30 horas.

O traxecto tanto de ida como de volta farase en autobús. Como en anos anteriores dispoñeranse varios autobuses para o traslado dos asistentes desde as distintas parroquias de orixe. A partir das 11:30 os autobuses pasarán a recoller ás persoas polas paradas habituais das parroquias de Baredo, Baíña, Belesar e Sta. Cristina da Ramallosa.

Anuncios