Anuncios
Ticker de novas

O CB Nigrán organiza xa os seus dous tradicionais campus de verán

FOTO: CB NIGRÁN

O CB Nigrán organiza para este verán dous campus de baloncesto, un en Nigrán, en colaboración co Concello, e outro en Gondomar, en colaboración coa Concellería de Deportes desta localidade.

O primeiro desenvolverase no Pavillón Municipal de Panxón do 10 ao 14 de xullo. Ao campus asistirán adestradores nacionais de baloncesto con ampla experiencia ademais de profesores e monitores titulados de diferentes actividades. A inscrición poderá ealizarse a partir do día 1 de xuño nas oficinas de turismo de Nigrán e terán descontos especiais para irmáns así como para os xogadores e xogadoras do propio club.

O segundo campus desenvolverase no Pavillón de Deportes de Gondomar durante a semana do 31 de xullo ao 4 de agosto. Os interesados poden poñerse en contacto co club escribindo un correo a c.baloncestonigran@gmail.com.

Anuncios