A primeira biblioteca do barrio baionés da Percibilleira ten forma de hórreo

FOTO: ÁNGELES QUINTAS

Esta é a hórreo-biblioteca, a primeira biblioteca do barrio baionés da Percibilleira. Trátase dunha iniciativa posta en marcha por Ángeles Quintas Carneiro, veciña da zona e bibliotecaria de profesión, baixo o lema “Colle un libro, deixa un libro”.

Trátase dun intercambio de libros e de poñer a disposición de todos e todas, desde os máis pequenos ata os máis lonxevos, os libros. Foi inaugurada o Día das Letras Galegas coa lectura e representación da obra de Carlos Casares “Lolo anda en bicicleta”.

A hórreo-biblioteca, deseñada e construída polo carpinteiro Pablo Costa, está situada no número 32 da Percibilleira, aínda que os días de choiva ou con climatoloxía adversa será retirada.

“Espero e faime moita ilusión que todos e todas gocen desta preciosa biblioteca”, comenta Ángeles.