
O Centro Cultural e Recreativo Parada do Miñor organiza unha viaxe a Navia, Luarca e Ribadeo os días 10 e 11 de xuño por 70 euros.
O 10 de xuño, tras o aloxamento no hotel e a comida, visitaranse Luarca e Navia, pobos mariñeiros que pertencen á provincia de Asturias dignos de visitar polas súas praias, monumentos e portos. Pola noite, cea baile e queimada.
O 11 de xuño, despois do almorzo e a comida, pola tarde haberá unha excursión para visitar a famosa Praia das Catedrais e o precioso pobo de Ribadeo, onde se poderá gozar de tempo libre antes de comezar o regreso a Nigrán.
O prezo inclúe autocar, guía acompañante, seguro de viaxes e bebidas (auga e viño). As inscricións pódense realizar no teléfono 628 986 597.