II Concurso de Empanadas e Tortillas na Praza de Abastos de Baiona

FOTO: ALBERTO RODRÍGUEZ // I Concurso de Empanadas e Tortillas na Praza de Abastos de Baiona.

O Mercado de Baiona organiza o II Concurso de Empanadas e Tortillas, no que poderán participar todos os veciños que o desexen. Deberán inscribirse na Praza de Abastos ata o xoves 25 de maio, de maneira totalmente gratuíta.

Os participantes terán que levar os seus pratos elaborados ao Mercado de Abastos de Baiona o venres 26 de maio antes das 11:30 horas. A valoración dos pratos se levará a cabo por un xurado que estará constituído por persoas alleas aos participantes, que degustarán e votarán polo prato que máis lles guste sen saber a quen pertence. Os clientes que se acheguen a partir das 12:00 horas ao Mercado poderán presenciar o concurso e degustar os pratos participantes.

Todos os participantes recibirán material promocional, un delantal e unha bolsa reutilizable de tea da campaña “Quere ou teu mercado”, block e libro, e haberá un primeiro premio para cada categoría, que consistirá nun lote de vales de compra do Mercado valorados en 60 euros.