Anuncios
Ticker de novas

Jorge Enríquez, Guillermo Núñez e Adriana Pérez Canal gañan o Trofeo Baitra

FOTO: ROSANA CALVO // Foto de familia do Trofeo Baitra 2017.

Os deportistas do Real Club Náutico de Vigo, Jorge Enríquez e Guillermo Núñez, de 16 anos de idade, fixéronse finalmente coa vitoria do Trofeo Baitra de Vela Infantil, disputado este fin de semana en Baiona.

A competición, organizada polo Monte Real Club de Yates co patrocinio de Baitra Accesorios Navales, tiña programada para este domingo a súa segunda e última xornada de probas, pero a ausencia de vento na baía baionesa obrigou ao comité de regata a suspender as mangas previstas.

Tras máis de dúas horas de espera na auga, os veleiros volveron a terra e as puntuacións das dúas regatas celebradas na xornada inicial do sábado serviron para deseñar a clasificación xeral final do campionato.

Na clase 420, o Real Club Náutico de Vigo colocou a dous das súas tripulacións no máis alto do podio. En sub-19 levaron o ouro Carlota Hernández e Ana Carrasco; e Jorge Enríquez e Guillermo Núñez, ademais de gañar na categoría sub-17, resultaron vencedores da clasificación xeral da clase. Con saídas moi rápidas e asumindo certos riscos nas tácticas de navegación, estes dous deportistas, de 15 anos de idade, seguen avanzando con paso firme na clase 420, na que non levan nin un ano navegando.

Os segundos e terceiros postos repartíronllos deportistas do náutico vigués e do club de iates baionés. En sub-17 a prata e o bronce foron, respectivamente, para os equipos formados por Alejandro Pérez Canal e Enrique Lagos, do Real Club Náutico de Vigo; e Rosalía Martínez e Sandra Trigo, do Monte Real. En sub-19, ocuparon a segunda e terceira posición Elena Molares e Enma Arana; e Yago González e Jorge González, todos lucindo grímpola do club organizador.

Na competición dos Optimist, Adriana Pérez Canal, do Club Marítimo de Canido, foi a auténtica protagonista do trofeo. Esta pequena gran regatista, filla dun vello coñecido da vela en Galicia como é Luis Pérez Canal, armador e patrón do Aceites Abril, subiuse ao podio ata en tres ocasiones. Recibiu o ouro dos a súa categoría (Optimist A), o premio á mellor regatista feminina de Optimist e o galardón de gañadora da xeral da clase.

O Real Club Náutico de Vigo, o Monte Real Club de Yates e o club portugués We Do Sailing, de Vila Nova de Gaia repartíronse o resto de distincións. En Optimist A, ademais de Adriana Pérez Canal, resultaron gañadores Paula da Rocha e Diogo Lima; en Optimist B, o podio conformárono Liang Jane García, Rita Pinto e Helena Pérez Canal; e en Optimist C, Tiago Vecino, Pablo Marquina e Inés Ameneiro levaron o ouro, a prata e o bronce respectivamente.

Con esta nova edición do Trofeo Baitra, o Monte Real Club de Yates e Baitra Accesorios Navales reafirmaron a súa aposta pola vela infantil, á que levan apoiando de forma conxunta desde hai xa varios anos. A próxima cita no calendario deportivo do club baionés é o Campionato Galego de Solitarios e A Dous – III Memorial Rafael Olmedo, que se celebrará o 3 de xuño.

GAÑADORES DA XERAL DA CLASE 420
JORGE ENRÍQUEZ Y GUILLERMO NÚÑEZ • RCN VIGO

GAÑADOR DA XERAL DA CLASE OPTIMIST
ADRIANA PÉREZ CANAL

CLASE 420 • SUB 17

1. JORGE ENRÍQUEZ Y GUILLERMO NÚÑEZ • RCN VIGO
2. ALEJANDRO PÉREZ Y ENRIQUE LAGOS • RCN VIGO
3. ROSALÍA MARTÍNEZ Y SANDRA TRIGO • MRCYB

CLASE 420 • SUB 19

1. CARLOTA HERNÁNDEZ Y ANA CARRASCO • RCN VIGO
2. ELENA MOLARES Y ENMA ARANA • MRCYB
3. YAGO GONZÁLEZ Y JORGE GONZÁLEZ • MRCYB

CLASE OPTIMIST A

1. ADRIANA PÉREZ CANAL • CM CANIDO
2. PAULA DA ROCHA IGLESIAS • CM CANIDO
3. DIOGO LIMA • WE DO SAILING

CLASE OPTIMIST B

1. LIANG JANE GARCIA • CM CANIDO
2. RITA PINTO • WE DO SAILING
3. HELENA PÉREZ CANAL • CM CANIDO

CLASE OPTIMIST C

1. TIAGO VECINO • RCN VIGO
2. PABLO MARQUINA • MRCYB
3. INES AMENEIRO • RCN VIGO

Anuncios