Teatro para conmemorar o Día das Letras Galegas en Peitieiros

FOTO: CENTRO CULTURAL "A MERCED" DE CHAÍN

O Centro Cultural e Veciñal de Peitieiros conmemora este domingo 21 de maio o Día das Letras Galegas, dedicado este ano ao autor Carlos Casares. Ás 19:30 horas celebrarase a entrega de premios do certame literario e a continuación, o Grupo de Teatro “A Moura” do Centro Cultural “A Merced” de Chaín representará “A vida da tía Lambida”, adaptación da obra de Eduardo Blanco Amor.