Gondomar propón este verán unha chea de actividades para os mozos e mozas

A Concellería de Xuventude do Concello de Gondomar, dirixida por Nuria Lameiro, comeza a programación do verán 2017. O tempo de ocio na época estival increméntase e faise necesario garantir á mocidade un ocio accesible e alternativo e positivo, que aporte valores como a creatividade, cohesión social, empatía, innovación, etc.

“Coa proposta deste verán queremos abrir distintos campos de ocio innovadores: tomaremos contacto co mundo da robótica, terán a súa primeira experiencia coa lingua de signos, crearemos o inicio dun nicho de ocio en familia, traballaremos a área da música e o ritmo, traballaremos a creatividade da mocidade, daremos valor á riqueza cultural e natural deste concello dende a visión da mocidade”, sinalan desde a Concellería de Xuventude.

Se tes entre 12 e 30 anos e queres saber que vas facer este verán, chama ao 986.369.746 e infórmate da programación.