Anuncios
Ticker de novas

200 moteiros participan na 9ª Motochurrascada de Os Rillasepas

FOTO: MIRIAM RODRÍGUEZ // 9ª Motochurrascada Os Rillasepas.

A Peña Moteira Os Rillasepas puxo o cartel de completo este fin de semana na súa 9ª Motochurrascada, coa participación de 200 moteiros chegados de toda España. O evento arrancou ás 12 do mediodía deste sábado coa apertura da zona de acampada no Centro Cultural de Donas, en Gondomar.

Xa pola tarde, os moteiros fóronse concentrando desde as 16:00 horas para realizar unha ruta pola contorna, que comezou preto das 17:00 horas dirección A Guarda, pasando pola Ramallosa, Baiona, Oia e O Rosal, para finalizar cunha pinchada na parroquia de Tebra, en Tomiño.

De volta en Donas e despois da realización de diversos xogos, celebrarase unha cea con festa e sorteos, ademais de sesión musical a cargo de DJ Freddy. A xornada do domingo comezará cun almorzo ás 9 da mañá, finalizando o evento cunha ruta e pinchada ás 11:30 horas.

El pase de diapositivas requiere JavaScript.

Anuncios