Anuncios
Ticker de novas

Medio centenar de barcos dispútanse o Trofeo Baitra a partir de mañá en Baiona

FOTO: ROSANA CALVO // Máis de medio centenar de regatistas competiron no Campionato Baitra de 2016.

Ás dúas e media da tarde deste sábado resoará na baía de Baiona o top de saída da primeira das regatas do Trofeo Baitra de Vela Infantil, unha competición organizada polo Monte Real Club de Yates que reunirá a novas promesas da vela chegados de diferentes clubs de Galicia e Portugal.

Durante as dúas xornadas do fin de semana, máis de medio centenar de barcos das clases Optimist e 420 disputaranse un máximo de seis probas con unha previsión meteorolóxica que anúnciase bastante boa para a navegación, cunha temperatura agradable e ventos do norte de entre 9 e 12 nós de intensidade.

Tras a fase inicial do sábado, na que o comité de regata espera poder dar saída a un mínimo de tres probas, os regatistas afrontarán o domingo as últimas e decisivas regatas do campionato, que determinarán a configuración do podio de gañadores.

Unha vez finalizada a competición na auga, o Trofeo Baitra trasladarase a terra firme para acoller, nas instalacións do Monte Real Club de Yates, a entrega de premios aos vencedores. Un acto no que estarán presente, entre outras autoridades, Juan Carlos González, xerente de Baitra, como patrocinador do evento.

Anuncios