Voluntarios recollerán este fin de semana alimentos no Gadis da Ramallosa

FOTO: BANCO DE ALIMENTOS DE VIGO

A Fundación Provincial Banco de Alimentos de Vigo mobilizará este fin de semana a máis de 200 voluntarios para levar a cabo unha nova Operación Quilo simultánea en distintos supermercados Gadis da cidade viguesa e A Ramallosa.

A recollida de comida se levará a cabo mañá, venres, e o sábado, 19 e 20 de maio, nun total de 12 supermercados Gadis situados en Vigo e na Ramallosa, durante o horario comercial de cada centro.

Gadis repite por quinto ano consecutivo a campaña #MayoSolidario no marco do seu programa de responsabilidade social corporativa. Trátase da primeira vez que participan voluntarios da ONG nesta acción solidaria, xa que, en ocasións anteriores, só instalábanse carros da compra nos centros para que as persoas deixasen as súas doazóns.

Ao mesmo tempo que a Operación Quilo do Banco de Alimentos desenvólvese en distintos establecementos de Vigo e A Ramallosa, levará a cabo tamén en Pontevedra e Marín, así como noutras localidades de Galicia e Castela e León.

Chamamento de voluntarios

O Banco de Alimentos de Vigo segue necesitando voluntarios ante o incremento de quilos de comida que se reparten diariamente. Precisamente, responsables da ONG deseñaron un calendario de Operacións Quilo máis amplo do habitual, despois de comprobar como os colectivos sociais demandan un maior número de produtos básicos para as persoas con dificultades.

Para ser voluntario da Fundación Provincial Banco de Alimentos de Vigo só hai que darse de alta a través da web (http://www.bancoalimentosvigo.org/formulario/) ou chamar polas mañás ao 986 263022 (Vigo)/986 865301 (Pontevedra).

Desde a entidade repártense cada día unha media de 4.000 quilos de alimentos e, desde que comezou este 2017, a tendencia está a ser á alza. Para evitar o desabastecemento dos seus almacéns de Vigo (San Pedro de Sárdoma) e Pontevedra (Faustino Santalices), decidiuse desenvolver este tipo de accións solidarias nas que o labor do voluntario é fundamental.

A Fundación Provincial Banco de Alimentos de Vigo repartiu en 2016 máis de 2 millóns de quilos de comida (2.108.608 quilos), o que supón un 25 por cento máis que durante 2015, cando foron preto de 1,7 millóns de quilos os entregados aos colectivos sociais. A través destas entidades benéficas, a ONG chega a unhas 25.000 persoas con dificultades na provincia de Pontevedra.