Panxón acolle unha xornada de Anpas Galegas ao redor da Innovación Educativa

FOTO: ALBERTO RODRÍGUEZ // CPI e CEE de Panxón.

A Confederación de ANPAS Galegas organiza o vindeiro sábado 20 de maio en Panxón unha xornada sobre a Innovación Educativa na Escola Pública, que se desenvolverá de 10:00 a 19:00 horas nas instalacións do CPI Arquitecto Palacios de Panxón e no CEE de Panxón.

Haberá mesas redondas e obradoiros e falas, ademais dun espazo para nenos onde realizarán diferentes actividades. É necesario inscribir previamente aos nenos xa que as prazas son limitadas.

Ademais, ofrécese unha comida elaborada polo Obradoiro de Emprego Terras do Miñor V, co prezo estipulado por comensal entre 6,40 ou 7,50 euros.

Para máis información e inscricións está dispoñible a web http://www.xornadasanpasgalegasvalminhor.org.

PROGRAMA

10:00 Apertura da Xornada a cargo das concellarías de educación e Alcaldías do Valmiñor e o presidente de Anpas Galegas, Javier Sánchez.

Apertura do Espazo de Crianzas. É necesario inscribir ás nenas ou nenos. Prazas limitadas.

10:15 Mesa Redonda: Camiños

12:00-12:15 Pausa

12:15 Mesa Redonda: Realidades

14:00 Xantar

16:00 Obradoiros e Falas

18:00-18:15 Pausa

18:15 Mesa redonda: Diversidades