Os Rillasepas organizan a súa 9ª Motochurrascada

FOTO: ALBERTO RODRÍGUEZ

A Peña Moteira Os Rillasepas organiza o próximo fin de semana a súa 9ª Motochurrascada. O punto de quedada será o Centro Cultural de Donas, en Gondomar, onde o sábado 20 ás 12 do mediodía abrirase a zona de acampada. Ás 16:00 horas, comezará a ruta con pinchada e xogos, e xa pola noite, a partir das 22:00 horas, celebrarase unha cea con festa e sorteos, ademais de sesión musical a cargo de DJ Freddy. A xornada do domingo comezará cun almorzo ás 9 da mañá. O evento finalizará cunha nova ruta e pinchada ás 11:30 horas.

A inscrición, cun custo de 20 euros, finaliza este xoves día 18 de maio, e pódese formalizar no American Custom de Baiona. Máis información nos teléfonos 680 173 896 (Tonio), 646 840 231 (Miguel), 649 809 561 (Manu) ou 616 099 663 (Ángel), ou no correo electrónico rillasepas@hotmail.es.