Anuncios
Ticker de novas

Rubén Diz e Ester Navarrete gañan o XVII Memorial Manuel Barros

FOTO: ALBERTO RODRÍGUEZ // Saída da proba de 10 km.

O XVII Memorial Manuel Barros, organizado pola Concellería de Deportes de Gondomar e a Sociedade Atlética Val Miñor, reuniu este sábado a preto de 400 atletas. O circuíto discorreu polas rúas da Vila Condal para as categorías menores (ata cadetes inclusive), e polos arredores do Concello para a carreira de 10 km.

Ás 18:00 horas comezaban as probas coas categorías júnior, cadete, infantil, alevín, benxamín, pre-benxamín e pitufos, tanto masculinas como femininas, que tiveron que completar un percorrido que variou desde os 100 ata os 2.600 metros. Ás 20:00 horas tomaron a saída os participantes na carreira de 10 km.

Rubén Diz Díaz (Sociedade Ximnástica de Pontevedra) foi o primeiro en cruzar a liña de meta, cun tempo de 31:35. 47 segundos despois chegaba o seu compañeiro de equipo, Akka Essaadaoui. Gonzalo Basconcelo Araujo (Real Club Celta de Atletismo) completou o podio cun tempo de 32:32.

En categoría feminina, a primeira en completar o percorrido foi Ester Navarrete Santana (Asociación Deportiva Atlética do Sil), cun tempo de 36:38. A súa compañeira de equipo Sandra Mosquera Losada foi segunda (37:53) e Ana María Ocampo Sanmamed (Burgas Atletismo Ourense) terceira, cun tempo de 40:03.

Os primeiros atletas do Val Miñor en cruzar a meta foron Rubén Pereira Cardalda (Athletics Smoöy Team – 33:37) e Ana Paula Vilar Palma (Comesaña Sporting Club – 43:04), ambos de Gondomar.

O evento finalizou coa entrega de premios, na que participou o alcalde, Paco Ferreira, a concelleira de Deportes, Nuria Lameiro, e membros da familia Barros.

CLASIFICACIÓNS XVII MEMORIAL MANUEL BARROS

El pase de diapositivas requiere JavaScript.

Anuncios