Iria Boullosa, do CPA Gondomar, proclámase subcampioa galega Júnior

FOTO: CPA GONDOMAR

O Club Patinaxe Artística Luar organizou este sábado o Campionato Galego de Patinaxe Artística para as categorías Cadete, Xuvenil, Júnior e Sénior. Na competición, que se desenvolveu no Pavillón Municipal Álvaro Pino de Ponteareas, participaron cinco patinadoras do Club Patinaxe Artística Gondomar.

En categoría Júnior, Iria Boullosa foi segunda, Denis Alonso terceira e Alba Franco cuarta. Andrea López foi sexta en Xuvenil e María Balboa sétima en Cadete.

Desde as 9:30 ata as 10:20 horas tiveron lugar os adestramentos. De seguido, os patinadores e patinadoras inscritos fixeron o programa curto de patinaxe libre co que rematou a sesión matinal. A partir das 16:00 horas iniciaron o programa longo ata as nove da noite, cando se procedeu á entrega de medallas aos tres primeiros clasificados.