A Comisión de Festas de San Roque organiza unha churrascada este domingo

A Comisión de Festas de San Roque 2017 (Morgadáns-Gondomar) organiza este domingo 14 de maio unha churrascada. Desde as 12:30 horas poderase degustar empanada, churrasco e criollo por 12 euros/persoa. A venda de tickets realizarase no Bar da Comisión.

Ademais, ás 11:00 da mañá celebrarase unha Misa na honra de Fátima na Capela de San Roque. Ás 12:00 horas actuará o grupo de gaitas Balcón do Val Miñor e a partir das 18:00 horas, haberá bingo ao aire libre, se o tempo permíteo, se non, será no interior do Centro Cultural.

Anuncios