Peitieiros celebra a festa da Nosa Señora de Fátima

FOTO: ALBERTO RODRÍGUEZ

A parroquia gondomareña de Peitieiros celebra este sábado 13 de maio a festa da Nosa Señora de Fátima. Ás 12:30 horas comezará a Misa Solemne con Sermón. A Eucaristía incluirá a celebración das primeiras comuñóns, e ao finalizar, sairá a procesión polas rúas engalanadas con alfombras de flores, acompañada pola Banda de Música Municipal de Redondela. Pola noite, ás 22:00 horas, gran verbena cos grupos Aramio e Son D’Vigo.