Anuncios
Ticker de novas

O Concello de Nigrán abre o prazo de inscrición do seu Campamento de Verán

FOTO: CONCELLO DE NIGRÁN

O Concello de Nigrán abre o prazo de inscrición ata o día 31 de maio no “Campamento de Verán 2017”, organizado a través do Centro de Información ás Mulleres (CIM) co obxectivo de favorecer a conciliación da vida laboral, persoal e familiar. Os formularios de inscrición poderán recollerse no Centro de Información ás Mulleres, e no rexistro municipal ou descargarse da páxina Web http://www.nigran.org.

O campamento, cofinanciado pola Deputación de Pontevedra, está destinado a nenos e nenas nados entre os anos 2005 e 2014 e desenvolverase dende o día 26 de xuño ata o día 31 de xullo de luns a venres no CIP de Panxón en horario de 9.00 a 14.00 horas (existe a posibilidade de ampliar o horario se hai un mínimo de dez interesados). Os prezos públicos, aprobados no Pleno, son de 85 euros no horario ampliado e 75 no reducido, quedando en caso de bonificación en 21,25 e 18,75 euros respectivamente. Deste xeito, poderanse acoller a bonificación as familias en situación de dificultade económica-financieira, entendéndose así cando os ingresos mensuais (14 pagas anuais) da unidade familiar non superen os 707,60 euros se son dous membros e ata chegar aos 1.415,20 se son 7, para o cómputo destes ingresos restarase o aluguer ou hipoteca ata un máximo de 300 euros.

Para a selección de participantes valorarase coa maior puntuación aos menores empadroados en Nigrán ou con pais traballadores en Nigrán e os casos de especial vulnerabilidade.

Para mais información as persoas interesadas poden dirixirse ao Centro de Información ás Mulleres na antiga estación do tranvía de Panxón, Estrada pola Vía, nº65, Panxón Nigrán. Tlf: 986 383081 , correo electrónico: cim@nigran.org.

Anuncios