Anuncios
Ticker de novas

“Carlos Casares con maxia e música”, este sábado na Biblioteca de Nigrán

Martín Camiña e Álvaro Muras ofrecerán este sábado día 13 de maio ás 12:00 horas unha actuación de maxia e música na Biblioteca Pública Municipal de Nigrán dedicada a Carlos Casares. Un percorrido guionizado sobre o autor ao que se lle dedica este ano as Letras Galegas.

Martín Camiña levará as ilusións máis máxicas e Álvaro Muras sacará do seu baixo eléctrico os sons máis curiosos… O espectáculo, titulado “Carlos Casares con maxia e música”, está incluído no programa “Ler Conta Moito”. A entrada é de balde.

Anuncios