Anuncios
Ticker de novas

Unha cuberta protexerá da choiva aos alumnos que agardan o autobús no Humberto Juanes

FOTO: CONCELLO DE NIGRÁN // Nova cuberta no colexio Humberto Juanes.

O Concello de Nigrán instalou esta semana unha cuberta na saída do colexio Humberto Juanes, na rúa Castelao, co obxectivo de protexer da choiva aos alumnos que aí agardan ao transporte escolar. Esta cuberta, cun custe de 2.867,70 euros, era unha petición reiterada da ANPA e toda a comunidade educativa e que o goberno se comprometera a realizar. A instalación realizouse este luns pola tarde, fóra do horario escolar, co obxectivo de non perturbar a actividade lectiva. A marquesina, cunha estrutura de aluminio e cuberta de chapa de policarbonato de dobre parede, ten 5 metros de lonxitude por 2,8 de ancho e 2 metros de altura.

“Concretamente, no colexio Humberto Juanes realizouse este ano unha obra para crear unha senda peonil segura de acceso ao centro e agora se completa coa marquesina para os nenos que empregan o autobús, tal e como nos tiñan solicitado dende a dirección do centro”, sinala o alcalde, Juan González.

Anuncios