Festas na honra da Virxe en San Cibrán

FOTO: ALBERTO RODRÍGUEZ

O barrio de San Cibrán, na parroquia gondomareña de Donas, celebra este fin de semana as festas na honra da Virxe.

O venres 12 de maio darán comezo coa verbena a cargo do grupo Aramio e o trío Mar de Arousa.

O sábado 13 ás 12:00 do mediodía celebrarase a Misa Solemne con sermón e procesión acompañada pola charanga Vai de Baile. Pola noite, gran verbena amenizada polas orquestras Ceniza e Anduriña.

Anuncios