Anuncios
Ticker de novas

Gondomar celebra este sábado o XVII Memorial Manuel Barros

FOTO: CONCELLO DE GONDOMAR

Este martes presentouse en Gondomar a Carreira Pedestre XVII Memorial Manuel Barros, organizada pola Concellería de Deportes e a Sociedade Atlética Val Miñor, contando co patrocinio do Grupo Miñor, e que se celebrará este sábado 13 de maio a partir das 18:00 horas.

Poderán participar cantas persoas o desexen, estean ou non federadas, coa excepción dos atletas estranxeiros federados no seu país, excepto os portugueses que non foran internacionais co seu país nos derradeiros 5 anos. O control da carreira estará a cargo dos xuíces da Federación Galega de Atletismo.

O circuíto discorrerá polas rúas de Gondomar para as categorías menores (ata cadetes inclusive), e polos arredores do Concello para a carreira de 10 km.

As inscricións poden realizarse ata o 11 de maio a través da web http://www.carreirasgalegas.com. Os dorsais e chips serán entregados o día anterior á proba na Casa da Cultura de Gondomar en horario de 17:00 a 21:00 horas, e o mesmo día da proba (até 30 minutos antes da celebración de cada carreira).

Haberá servizo de duchas no campo de fútbol Municipal de As Cercas.

Horarios
18:00 Júniors Femininos/ Masculinos 1999/1998 2.600 m
Xuvenís Femininos/Masculinos 2000/2001 2.600 m
Cadetes Femininos/Masculinos 2002/2003 2.600 m
18:15 Infantís Femininos/Masculinos 2004/2005 1.600 m
18:30 Alevíns Femininos/Masculinos 2006/2007 1.000 m
18:50 Benxamíns Femininos 2008/2009 600 m
19:00 Benxamíns Masculinos 2008/2009 600 m
19:10 Pre-benxamíns Femininos 2010/2011 300 m
19:20 Pre-benxamíns Masculinos 2010/2011 300 m
19:30 Pitufos Femininos /Masculinos 2012/2013 100 m
20:00 Carreira absoluta 1997 e anteriores 10 km
21:30 ENTREGA DE PREMIOS

Outorgaranse trofeos aos tres primeiros de cada categoría tanto feminina como masculina e medallas conmemorativas nas categorías de benxamíns, pre-benxamíns e pitufos. Premiarase ao 1º atleta feminino e masculino do Val Miñor, na carreira absoluta. Haberá agasallos conmemorativos nas categorías alevíns ata absoluta. Os trofeos non serán acumulativos.

Os cinco primeiros clasificados da carreira absoluta recibirán tamén un premio en metálico, de 30, 50, 100, 150 e 250 euros, do 5º ao 1º respectivamente.

Ao acto de presentación asistiron o alcalde de Gondomar, Paco Ferreira, a concelleira de Deportes, Nuria Lameiro, o representante do Grupo Miñor, Ricardo Barros, o director técnico da Federación Galega de Atletismo, Óscar Fernández, e o presidente da Sociedade Atlética Val Miñor, José Ángel González.

Anuncios