O Val Miñor suma 11 distintivos azuis de ADEAC

FOTO: PEPE COSTAS // Praia da Ribeira.

Hoxe deuse a coñecer a listaxe definitiva de praias e portos galardoados coa Bandeira Azul en 2017, ademais das distincións temáticas en materia de salvamento e socorrismo, accesibilidade e comunicación e educación ambiental, e os Centros e Sendeiros Azuis.

A comarca do Val Miñor aumenta a cifra de distintivos da Asociación de Educación Ambiental e do Consumidor (ADEAC) dos 8 do 2016 aos 11, 9 Bandeiras Azuis, 7 para praias e 2 para Portos Deportivos, e 2 Sendeiros Azuis.

Así, en Baiona ondearán a bandeira de novo os areais de Os frades e A Barbeira, aos que se suman A Concheira e A Ribeira. O Monte Real Club de Yates repite un ano máis e o Porto Deportivo Baiona recupera o galardón. A última distinción da localidade foi para o Sendeiro Litoral de Baiona. Perde o recoñecemento a Praia da Ladeira.

Panxón lucirá tamén a bandeira en Nigrán, que xa contaba co distintivo en Praia América e Patos. Tamén foi recoñecido o Sendeiro Litoral do Ecosistema Dunar de Playa América-Panxón.

Galicia mantense na súa posición no número total de bandeiras azuis recibidas para os areais, con 113; que se eleva a 131 distincións para praias e portos deportivos; polo que a sitúa na segunda posición no número total de areais que contan con bandeira azul, despois de Valencia con 129 distincións.

Deste xeito, a comunidade galega acapara case un 25% (24,3) das 579 bandeiras azuis totais outorgadas en España pola Asociación de Educación Ambiental e do Consumidor (ADEAC) aos areais, e vai seguida no ranking nacional pola Comunidade catalana (95 bandeiras).

En relación aos portos deportivos, en 2017 Galicia obtén 18 galardóns, dos que oito son das provincia de Pontevedra, outros oito da Coruña e dúas de Lugo.