Inscricións abertas para participar na I Xincana de Chimpíns e Carretillos de Vincios

A Comisión de Festas Santa Mariña de Vincios organiza o próximo 17 de maio ás 16:30 horas a I Xincana de Chimpíns e Carretillos, cronometrada e con premios. As inscricións, de 5 euros para os chimpíns e de 2 euros para os carretillos, poden formalizarse no WhatsApp 666 15 70 99 ou mandando unha mensaxe polo Facebook da Comisión. Ao finalizar haberá xogos tradicionais para maiores e pequenos.

Anuncios