Con motivo da visita de S.S. o Papa Francisco I á localidade lusa de Fátima os próximos días 12 e 13 deste mes, o goberno portugués, por razóns de seguridade interna e orde pública e de acordo co Código de Fronteiras Schegen, restaura o control documental nas súas fronteiras nos seguintes termos:
1. Restablécese o control fronteirizo documental de persoas entre as 00:00 horas do día 10 de maio e as 23:59 horas do día 13 do mesmo mes, afectando unicamente as entradas en Portugal.
2. Establécense como únicos puntos de paso autorizados:
Ponte internacional de Tui-Valença do Minho (Autovía A-55 Vigo-Tui)
Antiga ponte internacional de Tui-Valença do Minho (N-550 Couña-Tui). Este punto de paso estará habilitado unicamente para viandantes, ciclistas e ciclomotores, sendo recomendable para desconxestionar o tráfico rodado que se poida producir na ponte internacional da Autovía A-55 Vigo-Tui.
3. Permanecerá pechada a entrada a Portugal no resto dos pasos fronteirizos existentes na provincia de Pontevedra, como son as pontes internacionais de: Goián-Vilanova de Cerveira, Salvaterra do Miño-Monçao e Arbo-Melgaço, permanecerán pechados.
4. Todas as persoas que durante o período de restablecemento de fronteiras teña previsto desprazarse a Portugal, ademais de realizalo polos pasos autorizados, deberá levar consigo a súa documentación persoal (D.N.I. ou Pasaporte), ademais da documentación do vehículo e permiso de condución, no seu caso. Os menores de idade tamén deberán levar consigo D.N.I., ou Pasaporte propio.

