Anuncios
Ticker de novas

Dura derrota do Cereixa que pon en perigo o título de campión

FOTO: CEREIXA FS

Dura derrota do Cereixa Gondomar FS nun partido estraño no que os de Vincios deron todo e non tiveron premio no final. E é que á marxe de poñerse en vantaxe co gol de Luca (0-1), o visitante dispuxo de claras ocasións e ata 5 paus que negaron unha renda maior.

Este deporte é cruel e ao empate do Alonso&Serodio Mos FS, sucedeulle o 2-1 no último minuto caendo como unha laxa sobre os Gondomar… silencio sepulcral no vestiario porque o equipo xa non depende de si mesmo para ser campión se na xornada do domingo o Lume suma os tres puntos en Chapela.

O Cereixa Gondomar terá que gañar na casa As Neves e esperar os demais resultados.

Anuncios