Magníficos resultados do CPA Gondomar na II Fase de Categoría Rexional de Patinaxe Artística

FOTO: CPA GONDOMAR

Este sábado disputouse a II Fase de Categoría Rexional de Patinaxe Artística, na que as patinadoras do Club Patinaxe Artística Gondomar conseguiron uns magníficos resultados.

En categoría Alevín, Noa Álvarez foi primeira, Ainhoa Vidal segunda, Sara Abal terceira e Ángela García cuarta. Sofía Fernández ocupou o terceiro posto do podio en Infantil.

A competición, organizada polo club CPA Condado, desenvolveuse no Pavillón Cándido Carrera Estévez de Salvaterra do Miño coa participación de 60 patinadores e patinadoras. Pola mañá foi a quenda das categorías Benxamín, Cadete e Absoluta, quedando a xornada de tarde para Alevín e Infantil.