
O barrio de Prado, na parroquia gondomareña de Morgadáns, celebra este fin de semana as festas na honra da Virxe da Soidade.
O sábado 6 de maio, a orquestra Magos e o grupo Acirema serán os encargados de amenizar a gran verbena.
O domingo 7 haberá unha actuación do grupo Asubío a partir das 11:00 da mañá. Ás 11:30 comezará a Misa Solemne, seguida de procesión acompañada polo mesmo grupo. Pola noite, a verbena estará amenizada polo grupo Bluestar.