Continúa o I Ciclo de Concertos do IES Auga da Laxe con Mangosta

Este venres 5 de maio continúa o I Ciclo de Concertos do IES Auga da Laxe, en Gondomar, organizado polo Departamento de Música do centro, que se celebrará o primeiro venres de cada mes ata xuño.

Nesta ocasión actuará Mangosta, o grupo de música do IES Auga da Laxe. O concerto comezará ás 20:30 horas no Salón de Actos do Instituto.

Donativo 5 euros. Apertura de portas ás 20:00 horas. Ademais, haberá servizo de cafetería, catering e merchandising.