Actuación do coro “Entre Amigos” e proxección da curtametraxe “Preso en tu poesía” en Baíña

FOTO: CENTRO CULTURAL DE BAÍÑA

O Salón de Actos do Centro Cultural e Social de Baíña acollerá este sábado 6 de maio a actuación do coro “Entre Amigos” de Bouzas, a partir das 20:30 horas.

A continuación, ás 21:15 horas, proxectarase a curtametraxe “Preso en tu poesía”, filmado na parroquia e protagonizado por Oliva Martínez Abal e Isaac Pousada Fernández, coa voz en off de Pili Rodríguez, baixo a dirección, realización e guión de Ifius Danila.